Archive for Decembro, 2009

Énchme de orgullo e fonda satisfacción desexarvos a tod@s felices festas, lonxe de lamentarme porque vou engordar case tanto coma o pavo que me vou comer esta noite, ou porque non fago mais ca gastar pasta nesta orxía consumista na que nos vemos inmers@s. Xa nos lamentaremos mañá cando vexamos a báscula ou a conta bancaria. Ou ambas. Hoxe, polo momento,

Xa vos tardaba, non si? A min tardábame, polo menos, levo meses conténdome para non escribir antes de tempo desta Alicia que promete tanto. Da versión tan Disney e dulcificada ao pesadelo psicotrópico burtoniano.

Pero en realidade, vou agardar a vela para emitir un xuízo con criterio. Hoxe só quería mencionar os comentarios que desatou a estrea, e que me pareceron sorprendentes. A insigne psicóloga Alejandra Vallejo-Nágera (para quen non teña o gusto, representante da mais rancia tradición psi tardofranquista, que ao igual que os intelectuais de dereitas, algún hai, aínda que ninguén os toma en serio) opina, por exemplo, que a obra de Carroll non é para nenos. Non o filme, que non vin, e que igual non é para nenos (ese escote da Alice, mmmmm…) senón o libro orixinal. Escrito no século dezanove para nenas victorianas do século dezanove da puritanísima Inglaterra victoriana do século dezanove. Por un crego. En que demo estamos pensando???????.

Para min, isto indica dúas cousas. A primeira e máis xeral, que estamos nun momento no que, dende as posicións mais reaccionarias, determinadas persoas síntense libres de dicir chorradas sen fin que hai só uns anos pensarían do mesmo xeito, pero non se atreverían a dicir, o cal non deixa de ser preocupante. A segunda e máis concreta, que estamos concedéndolle aos nenos menos capacidades que na Inglaterra de Carroll, cando se pensaba que eran pequenos proxectos de persoa, sen personalidade de seu. Carroll non poñía en dúbida a competencia das Liddle para entender os xogos lóxicos do país das marabillas, pero semellan ser demasiado complexos para os nosos pequenos xenios da informática e tolos dos videoxogos?.

Non podo evitar pensar que, mais que unha regresión real da intelixencia media dos críos de nove anos a nivel mundial, trátase do medo de certos adultos aos coñecementos e á intelixencia coa que se enfrontan diariamente en forma de monstros en zapatillas que consiguen programar o vídeo sen ter que ler as instrccións antes. O mecanismo freudiano de negación funciona a todo flispín tratando de convencerse de que os nenos asustaríanse moitísimo ante o sinistro sorriso do gato de Chesire ou a teima da Raíña Vermella (a outra, a mala) con cortar cabezas. Por sorte, os nenos que saben ler xa son capaces de entender que alguén que morre na tele non morre de verdade, para canto mais nun libro, ou que os gatos non falan nin moito menos sorrín (“con todos eses dentes!” como di un tanto inqueda a propia Alicia). Así que igual conviña deixar de tratalos como se fosen retrasados, porque cando medren vanse lembrar.

Ante a inclusión no Anteproxecto de Lei de Economía sustentábel de modificacións lexislativas que afectan o libre exercicio das liberdades de expresión, información e o dereito de acceso á cultura a través de Internet, os xornalistas, blogueiros, usuarios, profesionais e creadores de internet manifestamos a nosa firme oposición ao proxecto, e declaramos que…

1.- Os dereitos de autor non poden situarse por riba dos dereitos fundamentais dos cidadáns, como o dereito á privacidade, á seguridade, á presunción de inocencia, á tutela xudicial efectiva e á liberdade de expresión.

2.- A suspensión de dereitos fundamentais é e debe seguir a ser competencia exclusiva do poder xudicial. Nin un peche sen sentenza. Este anteproxecto, en contra do establecido no artigo 20.5 da Constitución, pon nas mans dun órgano non xudicial -un organismo dependente do Ministerio de Cultura-, a potestade de impedir aos cidadáns españois o acceso a calquera páxina web.

3.- A nova lexislación creará inseguridade xurídica en todo o sector tecnolóxico español, prexudicando un dos poucos campos de desenvolvemento e futuro da nosa economía, obstaculizando a creación de empresas, introducindo atrancos á libre competencia e ralentizando a súa proxección internacional.

4.- A nova lexislación proposta ameaza os novos creadores e obstaculiza a creación cultural. Con Internet e os sucesivos avances tecnolóxicos democratizáronse extraordinariamente a creación e a emisión de contidos de todo tipo, que xa non proveñen prevalentemente das industrias culturais tradicionais, senón de multitude de fontes diferentes.

5.- Os autores, como todos os traballadores, teñen dereito a viviren do seu traballo con novas ideas creativas, modelos de negocio e actividades asociadas ás súas creacións. Tentar soster con cambios lexislativos unha industria obsoleta que non sabe adaptarse a este novo contorno non é nin xusto nin realista. Se o seu modelo de negocio se baseaba no control das copias das obras e en Internet non é posíbel sen vulnerar dereitos fundamentais, deberían procurar outro modelo.

6.- Consideramos que as industrias culturais necesitan para sobrevivir alternativas modernas, eficaces, críbeis e asequíbeis e que se adecúen aos novos usos sociais, en lugar de limitacións tan desproporcionadas como ineficaces para o fin que din perseguir.

7.- Internet debe funcionar de forma libre e sen interferencias políticas auspiciadas por sectores que pretenden perpetuar obsoletos modelos de negocio e imposibilitar que o saber humano siga a ser libre.

8.- Esiximos que o Goberno garanta por lei a neutralidade da Rede en España, ante calquera presión que poida producirse, como marco para o desenvolvemento dunha economía sostíbel e realista de cara ao futuro.

9.- Propoñemos unha verdadeira reforma do dereito de propiedade intelectual orientada ao seu fin: devolver á sociedade o coñecemento, promover o dominio público e limitar os abusos das entidades xestoras.

10.- En democracia as leis e as súas modificacións deben aprobarse tras o oportuno debate público e tendo consultado previamente todas as partes implicadas. Non é de recibo que se realicen cambios lexislativos que afectan a dereitos fundamentais nunha lei non orgánica e que versa sobre outra materia.

NOTA: Este manifesto foi redactado conxuntamente por xornalistas, blogueiros e internautas, nunha maratoniana sesión durante a tarde-noite de onte. Se estás de acordo, difúndeo por todas as vías que poidas.