12
nov

Dixieland Tutankamón

   Publicado por: espello   in Música

Hai uns días fixen de tripas corazón e achegueime até ese pesadelo dun arquitecto encefalopático que é a sede da SGAE para ver aos rapaces de St. James Street Band. Os señores da SGAE, sempre tan amables, dificultan enormemente o acceso ás súas (luxosísimas) instalacións cun labirinto de escaleiras metálicas, corredores estreitos, ascensores (!) e outros recantos de moito medo. Así que o Gato e mais eu avanzabamos polas salas desertas como se aquilo fora un xogo de plataformas e estivaramos a buscar ao inimigo da última fase. Mundo 1: vixiante malencarado. Mundo 2: vendedora de entradas que che pide o DI, a VISA, a cartilla de vacinacións e a fotocopia compulsada do certificado de que non descargas música ilegalmente. Mundo 3: pasillo labiríntico. Mundo 4: biblioteca sen libros. Se tivera libros poderías lelos sen mercalos! Herexía, pecado mortal!

Despois de varios minutos de vagar desconcertadas, chegamos ao búnker subterráneo, na planta -2 na que, efectivamente, tocaba St. James Street Band. A sala era unha especie de cripta funeraria coas paredes decoradas segundo o estilo tradicional galego (o cemento visto) e unhas cantas cadeiras plegables, que contrastaba moi chamativamente con tódalas salas anteriores, polo punto cutre.

Debía haber como unhas dez persoas, e o gato e nos eramos as únicas ás que se puidera aplicar, nin do xeito mais magnánimo, o calificativo de "novas", e a sala era tan fría que os aplausos resoaban coma latigazos. De feito, os de St. James Street parecían un pouco cortados, e a pesar de que o concerto foi ESPECTACULAR, mais que en Nova Orleáns parecía que estaban tocando nunha tumba, agravado porque a xente comportouse cunha frialdade moi acorde co cemento das paredes, e non aplaudiron nin un só maldito solo, aínda que arricaran chispas das chaves da trompeta, até que eu, xa medio mosqueada, comecei un aplauso recriminatorio e os demais seguíronme timidamente. En realidade, dábanme ganas de erguerme e berrar: "É jazz, suponse que ten que ser divertido! Non estades nun concerto de Malher!!!!" E xa o colmo foi cando, despois da despedida, o grupo saíu do escenario pero as luces non se prenderon, signo mundial de que vai haber un bis... e a xente marchaba!!!!!

En definitiva, que foi moi representativo da idea que ten esta asociación sobre a música: algo que se pecha nunha tumba, que non se pode interrumpir para aplaudir, e que escoitan catro culturetas rancios incapaces de desfrutar con nada. E tamén ten delito que toque na sede da SGAE un grupo que toca versións dunha música que xa non ten dereitos de autor.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Esta entrada publicouse o o xoves, novembro 12th, 2009 ás 9:36 pm e pertence á categoria Música. RSS 2.0Podes seguir os comentarios a esta entrada a través da semente RSS . http://espello.blogaliza.org/2009/11/12/dixieland-tutankamon/trackback/Podes comentar, ou facer trackback desde o teu sitio..

3 comments so far

osak
 1 

Esta crónica é perfecta para explicar moitas cousas, asique coidado a ver se che fechan o blogue!

novembro 16th, 2009 ás 2:55 pm
 2 

Ei, que Mahler tamén pode ser divertido!

hahahaha

Así que xa entraches no xogo de plataformas da SGAE. Por dentro é aínda peor que por fora, logo…

É tal a antipatía que me xeran eses señores que anque repartisen billetes gratis, custaríame entrar no seu templo (bon, depende dos billetes, que un tampouco é de pedra, e os libros son caros). Pero o jazz ben vale unha misa, anque o público fose tan soso… hahaha. A descripción do sitio faime pensar na psiquitecture, pequena fricada do comic canadiano Mr. X onde o protagonista é un arquitecto arrepentido que creou uns espazos urbanos que tolean á xente…

novembro 22nd, 2009 ás 11:51 pm
espello
 3 

A que explica moitas cousas? Fra, a min se me mandan xurar que o construiron para tolear á xente, fico convencida, dende logo.

decembro 7th, 2009 ás 11:31 am

Deixar unha resposta

Nome (*)
Correo (non será publicado) (*)
URI
Comentario