28
out

Non son unha zombie, só estou infectada

   Publicado por: espello   in varios

Pois iso. Que como ao final pillei a gripe (non sei que cepa, non me parece educado andar preguntándolle aos meus virus de quen veñen sendo) agora de súpeto teño un tempo regalado para gastar no que queira, co lóxico resultado de que non sei en que gastalo. Polo pronto, puiden ler con mais calma da habitual a prensa e ver a tele, cousa que había tempo que non facía. Todo segue mais ou menos coma sempre, pero houbo un tema que me fixo especial coña, no meu estado griposo de cerebro cheo de mocos.

Os católicos deben de dar xa por perdido o do aborto, o dos gays e o do divorcio, porque agora están protestando... contra Halloween!! Os argumentos, como xa é habitual neles, son brutais, desternillantes e disparatados onde os haxa. Festival del humor!

1. Non é español. Completamente de acordo. Xa sabemos que España sempre foi católica, apostólica, romana e rancia, e precisamente por iso non nos gusta. Pola contra, aquí celebrabamos Samain dende bastante antes de que existira ese construto político, a pesar incluso de certa incomodidade da curia con ese feito. Pero xa se sabe que esas cousas, como o do galego, só as facemos para molestar e para irnos de guais e de especiais.

2. É unha celebración á morte. Pois si, casualmente igual que o día de defuntos. Por que será que o catolicismo está cheo desas curiosas coincidencias coas datas?

3. É a festa pola festa. Propoñen a cambio unha xornada de recollemento e de oración. Uf, que planazo, estoume vendo tentada.

4. Vestimos aos nenos "de brujitas y cosas relacionadas con la muerte" (literal, xúroo). As meigas só están relacionadas coa morte porque eles as queimaban!

5. É unha data que empregan os satanistas para facer sacrificios. En serio que iso tamén o dixeron. A igrexa española non está preocupada porque lle corten o grifo da financiación, está preocupada polos satanistas que fan sacrificios (humanos) aproveitando que tododiós está bébedo celebrando o Samain! Celebrar o Samain é equivalente a ser satánico? Axudas dalgún xeito aos satanistas a provocar a fin do mundo se te disfrazas de momia? Por cada cabaza prendida, Facenda destina un euro a axudar a unha secta satánica?

Non sei se este ano poderei celebrar o Samain, porque como xa dixen, estou infectada, pero dende logo as sectas satánicas teñen todo o meu apoio. Marcarei un X no seu recadro na seguinte declaración da renda, e asociareime á ONG "apadrina un gótico".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Esta entrada publicouse o o mércores, outubro 28th, 2009 ás 11:05 pm e pertence á categoria varios. RSS 2.0Podes seguir os comentarios a esta entrada a través da semente RSS . http://espello.blogaliza.org/2009/10/28/non-son-unha-zombie-so-estou-infectada/trackback/Podes comentar, ou facer trackback desde o teu sitio..

5 comments so far

 1 

1. Algo de razón teñen, porque moita raigame céltica e Samaín mais facémolo polos americanos.
2. TODO o catolicismo é unha celebración da morte! Danlle máis importancia a que Susiño morrese que a que resucitase, cousa máis a salientar, digo eu.
3. Planaso é dicir pouco.
4. Sempre se fan un barullo con iso da vida e a morte, que aborto non, que ditaduras xenocidas pode ser… non o teñen moi claro.
5. Eu e os meus amigos satanistas desmentimos esta burda afirmación. Nós escabezamos polos sobre os nosos pentagramas todo o ano. E este Samaín non toca, que estamos de moscosos.
6…. que se mellore, señora! You must look the bright side of the Tamiflu (ou Couldina).

outubro 29th, 2009 ás 12:26 am
 2 

Pois a min idesme disculpar, mais comparto a molestia dos senhores da cruz.
Non nos chegaba co Imperio Pequeno que agora tamén nos dedicamos a importar tradicións do Imperio Grande e deixamos esvaecer as de aquí.
a Minha nai celebraba de pequena o día de defuntos con cabazas. Non lle chamaban Samaín, mais tampouco tiñan nin idea do que era “haloween”. Debo de andar repunante, mais a tranmisión do noso patrimonio etnográfico é igual de imporante que a transmisión da lingua. Penso…

Disimulade o panfleto nacional-costumbrista!
Saudihos acetilsalicílicos!!

outubro 29th, 2009 ás 5:20 pm
 3 

Que te millores. Iso é o importante.
Por aquí celebrábase a noite dos calacús que intentan recuperar os veciños. Nesa festa non hai muitos curas pero hai un rei e unha raíña dos calacús.

outubro 29th, 2009 ás 11:41 pm
espello
 4 

Mr. Tichborn: de moscosos en pleno novembro? Non gardades os LPs para os ritos satánicos de Nadal? :p

Sobchak: disinto da súa disensión, non a importamos dos Lluesei, copiáronnola eles, e sen pagar dereitos de autor! Hai que recuperar o Samain (ou as Cabazas) como tradición propia, sen o faranduleo americaniforme. Bicos (xa non tan) griposos :)

Paideleo: os calacús? Se podes, bótalle unha ollada a un libro de mitoloxía que se titula “A ponla dourada” dun tal Frazer. É un etnógrafo do s. XIX que fixo unha recollida exhaustiva de ritos e festas populares europeas, e é curiosísimo ver as coincidencias con moitas festas galegas, entre elas as celebración pre-cristiás do 1 de novembro.

novembro 5th, 2009 ás 9:45 pm
 5 

Mellórate, rainha! É mellor ficar sen virus e co blog sen actualizar, que co fuciño a moquear encima do teclado!
A orixe desta festa do inverno creo que era abrir a porta do inverno, da escuridade… e da morte. Non tiña sentido lúgubre senón de portal entre mundos paralelos e non especialmente hostís. Os vivos e os mortos tiñan unha oportunidade de se comunicaren, poñerse ao día, un palique amigábel e sen compromiso.
As cabazas actuais son unha comercialada, como o Nadal e o San Valentín.

novembro 5th, 2009 ás 10:10 pm

Deixar unha resposta

Nome (*)
Correo (non será publicado) (*)
URI
Comentario