Hoxe fanse 25 anos da morte de Marvin Gaye, un deses músicos a quen se pode escoitar unha e outra vez, e sempre soa novo. De xeito un tanto maniqueo, para min Marvin sempre representou a outra cara da moeda de James Brown: guapo, elegante e perfecto detro dese smoking mítico de Sexual Healing ou con ese look setentero e hippy pero arreglao, namentres Brown tiña ese aspecto de maltratador (e non só o aspecto) e tipo pouco recomendable en xeral. Marvin compuña música contra a guerra de Vietnam mentres Brown apoiaba a candidatura de Nixon. Os dous tiveron numerosísimos líos amorosos, pero intúo que a actitude era completamente diferente cara ás mulleres, proba do cal é como lle afectou a Gaye a morte de Tammy Terrell, de quen non sei se foi parella, pero de quen seguro que foi amigo.

O mais curioso da historia de Marvin é a súa morte, acribillado a tiros polo seu propio pai, crego dunha secta cristiá, a Casa de Deus. Por mais que busquei, non atopo por ningures cal foi a razón do asasinato, que foi calificado de “homicidio justificable” (?) Parece que Marvin tiña problemas graves coas drogas, e volveu á casa dos pais tratando de reordear a súa vida, pero ocorreu todo o contrario. Discutía continuamente co pai, tratou de suicidarse varias veces e ao final non lle fixo falla: matouno el.

Unha das cousas que poderían ter ocorrido é que o Reverendo Gay (que humor negro ten a vida), un integrista relixioso, non aprobaba a imaxe sexy e disoluta do fillo, que cantaba cousas como “o sexo é só sexo e o amor é amor”. Se realmente foi así, debería servir como recordatorio de até que punto o fanatismo está disposto a defender a súa moral a punta de pistola. Só está agardando o momento.