Mario encárgame o meme mais difícil do mundo, the Ultimate Meme, sobre todo porque vai exactamente diso: que farías se o mundo se acabase mañá. Agardo non estar nunca nesa situación, pero por se acaso, non está de mais levar os deberes feitos.
1) Que canción che gustaría escoitar? Teño que escoller unha soa canción? Sería algo como o Aire da Suite n.3 de Bach, en plan tranquilo e optimista. O do Carmiña Furada que di Mario déixoo para cando sei seguro que non se vai acabar o mundo.

2) A que libro lle botarí­as un ollo? Unha vez mais, un só libro? Pois á Ilíada, concretamente á escena onde Héctor atopa a Andrómaca volvendo da batalla e xa sabe que van perder. Paréceme que lle pega á ocasión.

3) Con quen che gustaría falar? El@s sábeno

4) Que che gustaría comer? Madalenas! Encántanme as madalenas, e nunca as como por aquilo de engordar, cousa que pasaría a ser absolutamente irrelevante se se acaba o mundo. E café.

5) Que farías e que che queda pendente por facer? Tomarme un Valium (para contrarestar o café) e tratar de desfrutar as horas que queden, se pode ser acompañada mellor. En canto ao que me quedaría por facer, mil cousas. Tocar algo de Coltrane, escribir unha novela e descubrir algo importante que salve mogollón de vidas, por poñer tres. Igual isto último tamén da un pouco igual se se acaba o mundo.

E mándolle o encargo a Zerovacas, Feiranta o Moucho, e o Señor de Trasalba