Dom 20 Abr 2008
The Peacock Skirt
Posted by A Raíña Vermella under Arte, Literatura
[10] Comments
Cando tiña catorce ou quince anos tiven unha tempada de auténtica chifladura wildeana (que dará para un próximo post) e por extensión e simultaneamente beardsleyana. A asociación entre Beardsley e Wilde é algo xa establecido na mente de tod@s, e a verdade é que non sei até que punto tiveron relación ou foron algo mais ca coñecidos na realidade.Sospeito que non era para nada o tipo de Oscar, que coma min, estaba obsesionado coa beleza. Non sei que ocorreu nas miñas sinapses neuronais ultimamente para que Aubrey, Salomé e este cadro volveran en tromba á miña mente.
Aubrey é como o reverso escuro de Mucha, non só pola cor e pola temática, senón e sobre todo porque alí onde Mucha é apacible e brillante, Beardsley transmite unha anguria dificil de describir. Como xa dixen algunha vez, o fermoso tamén pode ser desacougante.
Pregúntome que estado mental require pintar así. A proximidade da morte, a enfermidade e a dor da tuberculose, que non provoca case signos externos, semella un bo achegamento. Para min Beardsley sempre foi unha sensación moi concreta: sabedes como ulen as rosas cando tan abertas que están a piques de apodrecer?
Pois si q da pa pensares o dibuxo,,jej esta chulisimo…
Moito obrigado polas atencioms… disfruta do vampi q da para moito…moitos beijos
Amig@ blogueir@: Queremos informarte da Xuntanza de blogueiros que terá lugar en Agolada (Pontevedra) o día 31 de maio de 2008. Gustaríanos contar coa túa presenza.
Agradecémosche que lle deas publicidade ao evento desde a túa páxina. Se o tes a ben coloca o logo da xuntanza nun recanto do teu blog.
Para máis información:
http://blog-xuntanza.blogspot.com
Nunca se me ocorrera iso de Beardsley como contraposición a Mucha, pero tes razón, parecen o xémeo bo e o xémeo malvado.
deixeiche, pois, os meus humildes interrogantes na postagem anterior… sinto q sexan tediosos, tentei reconstruílos, pero non fun capaz, non houbo maneira d q quedasen ben.
bicos mil, desde Lermolandia
Vaia…préguntome como puiden vivir todos estes anos sen saber de Beardsley, os debuxos resúltanme moi moi familiares, pero nin flowers…ais! canto que aprender!!
Encántame Beardsley. Cando abrín a páxina do post, de boas a primeiras confundino con Harry Clarke, o debuxante irlandés que ilustrou moitos contos de Poe. Cun trazo menos elástico que Beardsley. Pero teñen un punto tamén.
Non me esquezo diso que teño pendente. De verdade que non. Ando centrifugando na cabeciña…
Saudismo…
A estética decadentista ten un gran encanto… eu persoalmente adoro a poesía finisecular máis tétrica e barroca, cos seus cadavres e camafeos…
Cando a Beardsley, evidentemente, vai no lote. Lembro que cando estiven por última vez en Londres aproveitei para mercar dous libros dos seus gravados na National Gallery. Un para mín e outro para unha rapaza que me enchía o ollo…
Que cousas! Estoume emparanoiando co debuxo, creo que vou deixar de mirar.
Sergio: moi actual, verdade? Ou alomenos é a sensación que me da a min. E desfruto moito do vampi, créeme. Un bico grande, meu camello musical favorito;)
Mario: sí, o lado escuro do modernismo. Semella que colleu a Mucha e o retorceu e o escureceu e o torturou até que lle saiu isto…
Ima: adoita pasar, eu tamén escribo do tirón. Como xa dixen, serán material para o próximo post.
Arale: seguro que estás chea de velos, só facía falla asociar nome e imaxe;)
Estíbaliz: non coñezo a Clarke, terei que facer unha razzia pola internés na súa busca, se se parece a Aubrey seguro que me gusta.
P.D: centrifuga, centrifuga. E pásate polas Historias que temos nova e interesante aportación.
FraVernero: encántanme os cadáveres e os camafeos, xuntos ou por separado. Un xeito un pouco raro de ligar, Fra, eu pensaría que me vas cortar a cabeza e a vas servir nunha bandeixa. Funcionou?
Pastor: se o miras cabeza abaixo e contas até trece boody marys… non pasa nada, pero igual vomitas :p
Pois sí, fermosísimo. Eu creo que as cousas bonitas non só poden ser desacougantes senón que cando teñen ese punto a atracción que producen sobre nós é moito maior, tremendamente forte, unha especie de efecto maléficamente hipnotico 😉