Pois a min gustábanme mais os de antes, a verdade. Tiñan nome de xelado (gula, luxuria…) podías facer pelis interesantes como Seven e eran accesible para todo o mundo. Estes son pecados high class, non todo o mundo pode enriquecerse até límites obscenos ou provocar inxustiza social. Eu, que tiña o pleno nos pecados clásicos, resulta que nestes só teño un, e iso contando o café como droga. Síntome como se me cambiaran a colección de cromos cando xa a tiña case completa.

O mais estraño é que estes pecados novos parecen feitos polo seu mais acérrimo inimigo, ou cun cinismo fóra de todo límite. Non causarás inxustiza social? Non te enriquecerás? Semella que están a facer autocrítica, cousa que sabemos que é imposible.

En fin. Aquí está nova lista de pecados. Vou facer un par de manipulacións xenéticas 😉

Non realizarás manipulacións xenéticas.
Non levarás a cabo experimentos sobre seres humanos, incluidos embrións.
Non contaminarás o medio ambiente.
Non provocarás inxustiza social.
Non causarás pobreza.
Non te enriquecerás até límites obscenos a expensas do ben común.
Non consumirás drogas.