Pois si. Voume de vacacións a un sitio con difícil acceso a Internet, co cal este post tamén podería titularse “Verán Analóxico”, que é o que vai ser, sacando, claro, o reproductor de mp3, o móbil e o DVD, pero iso non é tecnoloxía, son artigos de primeira necesidade.

Así que o Espello pecha ata setembro por descanso estival da Raíña, pero prometo volver con mais forzas, mais ciencia e mais vermella ca nunca (literalmente. Non vexades como me poño co sol).

Na miña ausencia encárgovos que me reguedes as flores parlantes e que me coidedes o taboleiro, non tardo nadiña. Un bico a tod@s 😉