Archive for Xuño, 2007

Era un anuncio de Pirelli, non si? Estes días, por unha razón ou outra, atopeime varias veces pensando nesa frase, que resume moi ben a miña actitude vital en moitos puntos. A pesar do hedonismo, da personalidade adictiva (ou precisamente por iso), son das que pensan que son importantes cousas como o autocontrol, o traballo, o esforzo, a disciplina, e outras palabras que soan igual de rancias.

Lendo o penúltimo post de Torredebabel, por exemplo, volvín pensalo. A construcción da propia identidade pasa por un traballo arduo, non é algo que nos veña dado sen mais, nin é mais sincera canto mais espontánea. Ás veces teño a sensación de que, cando mencionas algunha destas palabras (disciplina, traballo, esforzo, uf!) quedas como se foras unha auténtica fascista, ou alomenos un pouquiño reaccionaria. Semella que a personalidade debe ser “auténtica”, sen cortapisas. “Eu son así”, “te lo digo como lo pienso”, “yo es que soy muy sincera” e cousas polo estilo.

Eu penso que é exactamente ao contrario. As persoas mais auténticas son precisamente as que se tomaron o traballo de pensar sobre como son, como queren ser, os defectos que teñen e os que lles gustaría non ter. Coñécete a ti mesm@, como dixo o oráculo. O demáis adoita ser unha caixa de fogos de artificio. Hai moita xente que vai de superauténtica porque non se pon límites, e iso en xeral implica que tampouco che importa se molestas aos demáis ou non, se tes dereito ou non a dicir determinadas cousas, a traspasar determinadas barreiras.

Por outra banda, non se me ocorre nada que teña e que realmente valore que non sexa resultado dun esforzo, dun traballo que pode ser mais ou menos gratificante, pero que non deixa de ser traballo. Incluso as relacións hai que traballalas. “Good Lovin’ Ain’t Easy”, que cantaba o grande Marvin





1. Mootan

2. Julie Dillon

3. Xaponés Descoñecido

4. Fernando Falcone

5. David Lanham

6. Barnaby Ward

Seguindo co das relecturas (xa vedes que aquí nada é “off topic”, todo se vai enlazando) aí vai a primeira entrega dunhas relecturas gráficas de Alicia que me pareceron particularmente escuras e orixinais. Con cal vos quedades? 😉



Natalie Shau

Ken Wong

Colin Gilroy Smith

Chris Applehans

P.D: moitas grazas, R.R e Besbelliña, por lembrarmos de min e remitirme a estas páxinas tan chulas:)

Fala Zizek, en Órganos sen corpo, das relecturas, revisións e reinterpretacións dos clásicos. Da afirmación de Deleuze de que a filosofía, hoxe por hoxe, só pode ser metafilosofía, reinterpretación. Á marxe do meu desacordo con Deleuze (neste tema e en case todo), sí que me parece interesante o tema das revisións, non só filosóficas senón tamén literarias.

A cousa é, segundo eu o entendo (sempre aberta a que me corrixades, xa sabedes) o xeito no que se fan estas relecturas: podemos manternos moi fieis á letra e pervertir por completo o espírito, ou podemos tratar de captar o espírito sen aternos férreamente á letra. Por exemplo: moita xente non entende, segundo o meu criterio, a Freud, porque se mantén apegado á letra, a expresións politicamente incorrectas ou tópicos do século XIX que enturbian o seu sentido profundamente subversivo. Se Freud escribira hoxe, non o faría dese xeito, esa non é a esencia da súa obra, non é o seu sentido. Podemos pensar nel como o autor da “envexa do pene” ou podemos tratar de ver que é o que quere dicir con iso.

Deleuze parece partidario de entender cada texto como a un lle peta, cousa que tampouco me acaba de parecer honesta (ademáis de que el emprega unha expresión moi ofensiva e moi homófoba para referirse a isto, que non vou repetir aquí. Se tedes curiosidade, lédeo). Pero ás veces as lecturas ao pé da letra, como a lectura de Darwin por parte do nazismo, poden ir cargadas de mala fe, e trastocar o sentido tanto ou mais que as idas de olla do amigo Deleuze, inofensivas de puro inxenuas.

Eu o que fago é pensar: que escribiría o tal escritor se vivise hoxe? Por exemplo, e entroncando co post anterior, se Bram Stoker escribise hoxe Drácula, non me cabe a menor dúbida de que sería unha novela “eléctrica“, con internet, móbiles, e a última tecnoloxía, igual que na súa experiencia fin de siécle emprega os últimos avances tecnolóxicos (o gramófono, as transfusións de sangue, a máquina de escribir…) A esencia de Drácula non é ser decimonónica, é empregar os últimos avances para loitar contra un pasado escuro e supersticioso, como apunta FraVernero no seu comentario.

Pola mesma, este tipo de interpretacións, coido eu, tamén axudan a valorar na súa xusta medida manifestacións culturais diferentes. Non podemos rexeitar a “música comercial” e escoitar arrobados a Verdi, todo un superventas, ou ler a Dumas. Non podo renegar do manga por ser un producto de masas se me chiflan as novelas de Conan Doyle, publicadas por entregas no Strand. Isto valería tamén para as adaptacións cinematográficas. No paso dun medio a outro pérdense cousas, pero deberían, se a adaptación é boa, gañarse outras, e conservar o espírito. (recomendo vivamente Great Expectations de Alfonso Cuarón, neste sentido). Sería Mucha fotógrafo de moda se vivise hoxe?