Mér 13 Dec 2006
Intermezzo
Posted by A Raíña Vermella under Música
[3] Comments
Narnelle, Clara, Alma, as mozas Bach, Fanny Mendelsohn… Canta música perdida, música que non foi escrita. Que tocarían para os amigos, na intimidade dos salóns? Como soaría?
Desgraciadamente nunca o saberemos…
Doces, moi doces…
Aínda que breve, este paréceme un post moi interesante, porque di moito con poucas palabras e realmente dá para pensar longa e profundamente, alomenos a min 🙂 Creo que non se trata só do que non chegamos a escoitar das rapazas Bach senón tamén do que seguramente chegou a nós (obras literarias, ensaios, estudos científicos, etc.) con nomes de homes e que realmente foron froito do traballo de mulleres. Hai algúns casos que a día de hoxe se coñecen case con total certeza (nunca se pode estar seguro de nada pero…) e porén ninguén se preocupou de mudar o nome do autor, ou se así foi non se conseguíu que a reivindicación callase. O certo é que, apesar do contexto social pouco favorábel no que viviron, houbo moitas mulleres que no pasado desenvolveron un importante traballo intelectual e de investigación, que moitas veces foi silenciado e outros usurpado.